Miguel Castelo. Breve historial profesional. La Escuela Iniciativas Culturales

Miguel Castelo, que abandonou a súa profesión de mariño mercante atraido polo mundo da comunicación, é Licenciado en Ciencias da Información, na especialidade de Imaxe e Son, pola Universidade Complutense de Madrid.

En 1979 crea a marca productora ÁBRAGO FILMES e, tras uns anos dedicado a labores de xornalismo en prensa, radio e TV e á realización de cometidos de organización e difusión na primeira etapa da Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, retoma en 1990 a actividade da produción e realización cinematográficas.

Ten escrito traballos sobre cine, teatro e outros aspectos da cultura en diversas publicacións e xornais galegos e de fóra de Galicia e efectuado colaboracións en TVE en Madrid, no seu Centro Territorial de Galicia e na TVG.

Así mesmo, ademáis de ter traballado, realizando cometidos diversos, na maior parte das producións galegas dos 70, foi membro fundador da, xa desaparecida, empresa audiovisual «Trama», pioneira en Galicia na súa especialidade.

A súa primeira realización como guionista e director, «O pai de Migueliño», foi seleccionada nos máis importantes encontros cinematográficos españois (San Sebastián, Valladolid, Bilbao, Gijón…) e estranxeiros (Oberhausen, Moscú, Utrecht, Londres) e galardoada co Premio da Crítica no V Certamen Internacional de Films Cortos «Ciudad de Huesca» e cunha Mención Especial na XIX Setmana Internacional del Cinema de Barcelona.

A súa realización, «O desexo», obtivo o Gran Premio del Cine Español do XXXVI Festival Internacional de Cine Documental y de Cortometraje de Bilbao, o Prémio Especial do Juri e o Prémio da Organização do Festival Internacional de Cinema do Algarve, o Tatu de Prata á Melhor Fotografia do XXII Festival Internacional de Cinema de Bahia e o Premio AEC a la Mejor Fotografía na VI Semana Internacional de Cine Experimental de Madrid.

Asimesmo, ademais de ter sido incluido no Panorama de Cine Español do XVI Festival Internacional del Nuevo Cine Latinoamericano de La Habana, do Cortocircuito de Nápoles 96 e do II Festival Internacional del Cortometraggio de Siena, «O desexo» foi seleccionado oficialmente para tomar parte nos festivais internacionais de Mannheim-Heidelberg, Huy, Namur, Alcalá de Henares e Torelló, nas súas edicións cuadraxésimocuarta, trixésimoquinta, terceira, vixésimoquinta e décimocuarta, respectivamente.

Estritamente no ambito da produción executiva, realizou O matachín, de Jorge Coira (Premio á Mellor Curtametraxe no I Festival de Cine Independente de Ourense) e Isolina do Caurel, de Chema Gagino.

No ámbito da docencia, ten impartidos cursos de narrativa cinematográfica, cine e literatura e construcción dramática e adaptación na Escola Superior de Arquitectura, o Museo de Belas Artes, a Aula de Cine da Universidade da Coruña, a Biblioteca Provincial da Coruña e numerosos centros de ensino de Galicia.

Próximo curso con Miguel Castelo. Da Literatura ao Cine