Da Literatura ao Cine La Escuela Iniciativas Culturales
2017 11 laE migueliño 1920Fb tc

Do Conto á Película pasando polo Guión.

A presente actividade consiste nun curso teórico-práctico introductorio sobre os procedementos da adaptación cinematográfica, de modo xeral destinado a cantos todos están interesados nas cuestións da narrativa, tanto literaria como cinematográfica.

Da Literatura ao Cine. Do Conto á Película pasando polo Guión é un taller que ten como principal obxectivo o coñecemento e a aprendizaxe do proceso da construción fílmica que parte dun relato literario, de entender que a conversión dunha historia literaria nunha historia cinematográfica non é produto dun exercicio automático, senón consecuencia dunha operación de trasvase de linguaxes, que responde á existencia dunhas normas e unhas leis que, se ben son susceptibles de trasgresión, é preciso coñecer.

Trátase en definitiva de que os participantes poñan en relación dúas linguaxes expresivas. De que establezan un diálogo entre os sentidos que emanan da expresión escrita e os que se encontran entre os entretecidos das imaxes e os sons. O pai de Migueliño, do libro “Cousas”, de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, e a súa adaptación cinematográfica homónima constitúen os materiais de traballo desta experiencia didáctica.

Curso impartido por Miguel Castelo

Data de inicio: Luns 22 de xaneiro. Ás 20 horas.

Duración: 4 xornadas de hora e media.

Condicións de participación: Cuota de socio 10 € mais 30 € de matrícula.